HTC presenta o Sensation XL con Beats

Sube o volume do teu ordenador e disfruta do vídeo de presentación do HTC Sensation XL:
HTC vén de presentar esta tarde o seu novo terminal o HTC Sensation XL con Beats Audio, o que fai del un terminal especialmente deseñado para disfrutar do sonido de mellor calidade.
Mais non só sonido, senón calquera contido multimedia terá un punto extra de calidade con esta funcionalidade, ligada tamén a ter unha pantalla de 4,7 polgadas para disfrutar ao máximo de películas e animación.
Este terminal conta ademais con HTC Watch, un servizo de películas e series de televisión que se poderán alugar ou mercar a poucos “clics” de distancia, compatíbeis ademais con até 5 dispositivos de HTC diferentes polo prez de un.
A cámara é de 8 megapíxeles, cunha lente gran angular de 28mm, con sensor BSI para obter uns mellores resultados en ambientes con pouca luz. A cámara frontal é de 1,3 MP.
O resto de características son as que seguen:
  • Dimensións e peso: 132,5 x 70,7 x 9,9 mm e 162,5 gramos
  • Procesador Qualcomm MSM 8255 a 1,5 GHz
  • Android 2.3 Gingerbread
  • 16 GB de memoria interna, ampliábel por microSD (32 GB).
  • Batería de 1600 mAh

En canto á súa dispoñibilidade, estará no noso mercado a comezos de novembro.
Que vos parece este terminal? É para vós o sonido un punto definitivo á hora de escollelo?

Sobre o autor

Reply