Booking, a aplicación que axuda a atopar aloxamento

Internet tense convertido nos últimos anos na principal axencia de viaxes. E é que moitas veces resulta moito máis económico montar nós mesmos as viaxes ca ir a unha axencia a que nos dean todo cociñado. Por iso teñen xurdido moitos portais que se adican a axudarnos nas labores de busca e reserva de aloxamento, sendo un dos máis destacados Booking.com.
Desde hai algún tempo Booking conta cunha aplicación para Android que permite levar a cabo as mesmas operacións ca desde a súa web: busca de hoteis/hostais/B&B, análise de comentarios dos demais usuarios, reservar e confirmar…
Pero sen dúbida o máis interesante é que poderemos non só buscar información de diferentes lugares senón que ademais dispón de busca nos nosos arredores, algo que agradeceremos se viaxamos un pouco á aventura e nos atopamos sen aloxamento a última hora do día.
A aplicación é gratuíta e está dispoñíbel para todas as versión de Android. Podedes descargala desde aquí.

Sobre o autor

Reply