iOnRoad: realidade aumentada para evitar colisións

Parece que pouco queda por inventar para os nosos smartphones, xa que cada día son capaces de facer máis e máis cousas. Un bo exemplo é iOnRoad, unha aplicación que emprega a realidade aumentada para axudarnos na condución.

O funcionamento da apllicación é moi sinxelo: unha vez situada na base de suxección para o noso terminal, coa cámara apuntando á estrada, iOnRoad fará uso desta e do GPS para facer os seus cálculos de distancia respecto aos vehículos que levamos por diante, alertándonos se esta se reduce ao estado de risco de colisión.


Polo de agora non se atopa no Market, xa que está en fase beta, e se queremos descargala temos que ir á páxina oficial, na que tamén se indican os modelos compatíbeis. Polo de agora a descarga é gratuíta pero aseguran que cando estea dispoñíbel será de pagamento, así que se estades interesados nela, apurade.
Iso si, se a empregades recomendámosvos que teñades unha fonte de enerxía para o voso coche, porque todo este tipo de aplicacións son devoradoras de batería para os nosos terminais.

Sobre o autor

Reply