ChatON, o "Whatsapp" de Samsung

O éxito de Whatsapp fixo que todos quixeran copiar un sistema sinxelo de mensaxería instantánea e gratuíta entre diferentes terminais. E así foron xurdindo alternativas, como Viber, GroupMe, Messenger (antes Huddle), Facebook Messenger e outras de plataformas máis pechadas como BlackBerry Messenger ou iMessage.

Samsung non quixo perder a súa oportunidade de ofrecer estes servizos e hai uns días presentou a súa ferramenta de mensaxería instantánea multiplataforma, ChatON, que permite diferentes xeitos de comunicación, como mensaxería entre 2 persoas, por grupos… así como tamén o envío de texto, fotos, vídeos, audios, eventos de calendario, contactos… vamos, algo do máis completo.

Vale para todos os Android con versións 2.2-2.3 e pódese descargar de balde desde o Android Market.

Sobre o autor

Reply