Motorola Droid Razr, o smartphone máis fino do mundo

Motorola vén de dar un paso máis no panorama Android co lanzamento do Droid Razr, un terminal de gama alta que gustará aos máis exquisitos xa que conta con procesador de dobre núcleo a 1 GHz e pantallla SuperAMOLED de 4,3 polgadas con resolución qHD de 960×540. Todo ilo cun grosor de 7,1 mm e 127 gramos de peso.
En canto a memoria dispón de 1 GB de RAM e 16 GB de memoria interna. Ademais comercialízase cunha tarxeta microSD de 16 Gb, aínda que é compatíbel con tarxetas de até 32 GB.
A súa cámara posterior é de 8 megapíxeles e, aínda que non se coñece a da cámara frontal si se di desta que é HD.
Mais alén diso, o Droid Razr tamén é compatíbel con todos os docks que tiña o Atrix, como aquel que convertía o noso smartphone nunha sorte de netbook. 
Pasando xa ao sistema opeartivo e malia o recente lanzamento de Ice Cream Sandwich, este terminal sairá á venda con Gingerbread 2.3.5, aínda que desde Motorola veñen de confirmar que recibirá a nova versión a comezos de ano.
Polo de agora sábese que sairá á venda o próximo 27 de outubro en Estados Unidos da man de Verizon, polo que é moi probábel que o desembarco en Europa sexa a través de Vodafone.

Sobre o autor

Reply