RememberTheMilk lanza nova aplicación para Android e versión de balde para todos

Sen dúbida ningunha, Remember The Milk é un dos servizos de xestión de listaxes máis coñecidos, con varios anos á súa costa permitíndonos rexistrar as nosas tarefas e ter baixo control todo o que temos pendente de facer (ou concluído) ao longo do día.

Esta semana veñen de anunciar a través do seu blogue o lanzamento da súa nova aplicación para Android, ao mesmo tempo que liberan as versións básicas de Android, iPad e iPhone (até o de agora só dispoñíbeis para os usuarios PRO).
A versión gratuíta conta con certos límites, como que só se pode facer a sincronización manual unha vez cada 24h, alén de que certas funcionalidades só estarán dispoñíbeis para os usuarios PRO, como o uso de widgets ou a presenza dos recordatorios na barra de notificacións.
No seguinte vídeo podedes ver as novidades:
Podedes instalar a aplicación desde o Android Market en calquera dispositivo. 

Sobre o autor

Reply