LiveDock e LiveSound, accesorios que sacarán todo o partido ao teu Sony Ericsson

Sony Ericsson vén de lanzar dous novos accesorios para os seus smartphones Android, o LiveDock e LiveSound, cos que se poderá sacar aínda máis proveito dos dispositivos deste fabricante.

 

LiveDock ofrece permite facer do noso smartphone un miniPC, xa que ten a posibilidade de conectarlle  un rato e un teclado, xunto cunha pantalla HDMI ou televisión. Así poderase ler o correo, ver películas ou o que queiramos facer co noso terminal dun xeito moito máis cómodo.

Pola súa banda, LiveSound son uns auriculares de coidado deseño con cables planos para evitar que se enreden. Están pensados para disfrutar da música con boa calidade e un son o máis fiel posíbel á gravación orixinal.

Polo de agora non temos información de prezos e aínda non están dispoñíbeis na tenda en liña de Sony Ericsson, pero hanse saber en breve.

Sobre o autor

Reply