LG 2X, Black e 3D comezan a recibir Gingerbread desde hoxe mesmo

Algo que nos sorprendeu moito durante o Mobile World Congress foi que os tres terminais presentados por LG traían FroYo (2.2) cando Gingerbread (2.3) levaba xa algún tempo no mercado. Despois de moitos retrasos e dúbidas sobre actualizacións e non actualizacións hoxe xa están despexadas todas as incógnitas. Deste xeito, as datas de actualización a Gingerbread quedarían como segue (sempre falando de terminais libres):
  • 2X: desde hoxe mesmo, 1 de novembro
  • 3D: desde o 21 de novembro.
  • Black: desde o 28 de novembro

Sobre o autor

Reply