A campaña electoral cólase no Android Market

Seguro que a estas alturas todos estades enterados de que hoxe comezou a campaña electoral que rematará nos comicios do 20 de novembro.
Como saberedes, as e os candidatos tratan de achegarse cada vez máis aos seus posíbeis votantes, ben sexa abrindo perfís nas diferentes redes sociais (Google Plus, Twitter, Facebook…) ou, como desta vez, con aplicacións Android, para que a xente que estea interesada poda acceder á información sobre o partido e/ou candidatos dun xeito máis doado. É o caso do PSOE e do PP.
Ambos os dous partidos contan con sendas aplicacións para promocionar aos seus candidatos que, malia cambio de deseños, conteñen basicamente a mesma información:
  • Información do candidato á presidencia (biografía, fotos…)
  • Axenda de actos
  • Información sobre as ideas dos programas electorais
  • Información do publicado por eles nas redes sociais nas que teñen presenza
Ambas aplicacións son gratuítas e están dispoñíbeis no Android Market para versións superiores á 2.1 no caso da do PP e á 2.2 na do PSOE.
Desde Mallando no Android estivemos a buscar a presenza doutras formacións que concurren a estas eleccións, mais non fomos quen de atopar máis ca estas dúas. Se coñeces algunha outra coméntanolo e engadímola.
Parécevos que é un bo método para achegarse á xente? Déixanos a túa opinión nos comentarios ou a través do noso Twitter @mallandroid

Sobre o autor

Reply