Un novo androide chega a R: o Xperia Neo V

Hai uns días a operadora galega R anunciaba o lanzamento do Samsung Galaxy S II e hoxe volve ser noticia ao incluír no seu catálogo outro terminal Android: o Xperia Neo V, de Sony Ericsson.

Trátase dun dispositivo de gama media-alta que conta con grandes prestacións e cun deseño compacto e certa curvatura para un mellor agarre. Así, as súas dimensións son de 116 x 57 x 13 mm e 12 gramos de peso.
A súa pantalla é de 3,7 polgadas e 854 x 480 píxeles. Conta ademais con 1 GB de memoria interna (aínda que só 312 libres para o usuario). A súa RAM é de 512 MB e pódese ampliar o almacenamento grazas a tarxetas microSD de até 32 GB.
O procesador, mononúcleo, é un SnapDragon a 1 GHz. Dispón de cámara traseira de 5 MP con sensor Exmor R, que mellora a calidade das fotografías en condicións lumínicas adversas e que tamén grava vídeo en alta definición. Na parte frontal dispón dunha cámara secundaria para facer videoconferencias.

Ponse á venta con Android 2.3 (Gingerbread), pero segundo ten anunciado Sony Ericsson recibirá Ice Cream Sandwich nalgún momento durante o ano que vén.

En canto a prezos, R pono á venta desde 0 €, para consumos mensuais a partires de 49 € + IVE. Para consumos inferiores téñense as seguintes equivalencias:

  • 0 € para consumos de 49 € + IVE
  • 29 € para consumos de 29 € + IVE
  • 119 € para consumos de 19 € + IVE
  • 189 € para consumos de 9 €  + IVE (portabilidades)
  • 229 € para consumos de 9 €  + IVE (non portabilidades)
  • 359 € libre
Para máis información, pódese consultar a web de R

Sobre o autor

Reply