2 Player Reactor… e que gañe o máis rápido!

A clave do éxito de moitos xogos é a sinxeleza: canto máis sinxelos, mellor. E se poden ser para xogar en grupo, aínda mellor. 
É o caso de 2 Player Reactor, un xogo para dúas persoas no que o obxetivo é ser o máis rápido en darse conta dalgunha cuestión. Existen diferentes probas, como asociar cores aos nomes, detectar capitais de países, 3 en raia, formas… vamos, que o entretemento está asegurado.
Existe unha versión gratuíta, bastante completa, que podemos descargar desde o Android Market. Pero se o número de probas se nos queda curta sempre podemos mercar a versión de pagamento, por 1,99 €. Ambas as dúas son compatíbeis con calquera versión de Android.

Sobre o autor

Reply