A Vodafone Smart Tab podería estar a caer

Aló polo mes de setembro falámosvos de que Vodafone andaba a traballar nun par de tablets, de 7 e 10 polgadas, para comercializar baixo a súa propia marca. Mais desde aquela publicación nada máis se soubo delas.
Pois parece que a súa aparición no mercado podería ser máis ca inminente (terá que ver coa campaña de Nadal?), xa que vén de filtrarse un vídeo na web de Vodafone Ireland.
Nel confírmanse certas especificacións, como a pantalla de 10,1 polgadas, a súa conectividade WiFi + 3G, 16 GB de almacenamento interno ampliábeis con SD’s de até 32 GB’s e Android 3.2 Honeycomb.
Agardemos que as previsións se fagan realidade e obteñamos confirmación a través de Vodafone España de que axiña estarán nas tendas. Mentres tanto, deixámosvos co vídeo:

Sobre o autor

Reply