ConxuGalego, a aplicación que nos axuda a conxugar os verbos galegos

Tanto se comezas a estudar galego como se o usas de xeito habitual, de seguro que máis dunha vez dubidaches de como era unha forma verbal (p.e.: fumos ou fomos?).
Para resolver estas dúbidas está esta nova aplicación, ConxuGalego, baseada no software Conshuga. Trátase dunha ferramenta moi sinxela á que só teremos que introducir a forma do infinitivo do verbo que queremos consultar para obter a conxugación de todas as demaias formas verbais,. Ademais, funciona tanto para verbos regulares coma irregulares.
A aplicación é gratuíta e pódese instalar en calquera androide con versións 2.0 ou superior. Está dispoñíbel no Android Market.

2 Comentarios

  1. Anonymous 27 Novembro, 2011 Responder

Deixa un Comentario