Tanto se comezas a estudar galego como se o usas de xeito habitual, de seguro que máis dunha vez dubidaches de como era unha forma verbal (p.e.: fumos ou fomos?).
Para resolver estas dúbidas está esta nova aplicación, ConxuGalego, baseada no software Conshuga. Trátase dunha ferramenta moi sinxela á que só teremos que introducir a forma do infinitivo do verbo que queremos consultar para obter a conxugación de todas as demaias formas verbais,. Ademais, funciona tanto para verbos regulares coma irregulares.
A aplicación é gratuíta e pódese instalar en calquera androide con versións 2.0 ou superior. Está dispoñíbel no Android Market.
Moi mal, dime que non é compatible e teño 2.3
Ola Anónimo, que modelo de terminal tes?
Un saúdo