Messenger With You, a aplicación oficial de Windwos Live Messenger para Android

Xa sabemos que vós, como bos androides, sodes máis de Google Talk. Pero aínda queda xente que non se deixou seducir polo mundo Google e segue aferrándose a Hotmail e o seu Messenger cheo de publicidade…
Para poder contactar con esa xente xa dispomos (ao fin) de aplicación oficial de Windows Live Messenger. Chámase Messenger With You e pretende por fin aos centos de aplicacións alternativas que diversos desarrolladores foron creando.
A aplicación permite, alén de conversar cos contactos do MSN Messenger, levar a cabo unha serie de actividades, como mudar o estado e a imaxe de perfil, recibir arquivos e acceder á conta de Hotmail dun xeito doado (por certo, como vos contamos non hai moito, Hotmail tamén dispón de aplicación oficial).
Soporta ademais o modo multiconferencia, as notificacións de escritorio e diferentes modos de agrupar os contactos, de xeito semellante ao programa de toda a vida.
A aplicación é gratuíta e pode descargarse desde o Android Market para todos os dispositivos con versións posteriores á 1.6.
PS: Nótese o ton humorístico do artigo, cada un é libre de usar o servizo de mensaxería instantánea que máis goste 🙂

About The Author

Reply