A importancia de ter configurado un patrón de desbloqueo

Nos nosos smartphones e tablets gardamos unha chea de información delicada que pode ficar en perigo se chega a mans inapropiadas: falamos de acceso ao correo electrónico, ás redes sociais, documentos… por todo iso non está de máis tomar algunha precaución que axude a conservar esta información algo máis protexida. 
Hoxe imos falarvos do patrón de desbloqueo, unha ferramenta incluída de base en todos os terminais Android e que se configura de xeito sinxelo.
Como podedes ver na imaxe anterior, dispóñense de 9 nove puntos cos que poderemos debuxar o noso propio patrón, cun trazo sen levantar o dedo. Pode ser tan doado como tocar 2 puntos ou facer unha liña recta, ou tan complicado como queiramos, combinando zig-zags.
Para configurar o voso propio patrón tedes que acceder ao menú de Axustes/Configuración – > Ubicación e seguridade -> Definir bloqueo de pantalla -> Patrón. Unha vez que teñamos configurado o patrón de desbloqueo, cada vez que acendamos a pantalla do dispositivo (por exemplo desde o estado de reposo), teremos que debuxar dito patrón. 
Deste xeito estaremos dificultando un chisco máis o acceso ás nosas cousas máis delicadas.

Sobre o autor

3 Comments

  1. Paco 22 Novembro, 2011 Responder
  2. Caldas C.F. 29 Novembro, 2011 Responder
  3. Deiby 29 Novembro, 2011 Responder

Reply