Sphero, unha nova maneira de xogar

‘Parte robot, parte esfera’, así é como se nos presenta Sphero, unha pelota robótica controlada cun dispositivo Android co que podemos xogar tanto en interiores ou exteriores, sós ou acompañados, tanto coma nos permita a nosa imaxinación.
Sphero conéctase co terminal Android mediante bluetooth e dispón de iluminación en distintos cores. Para non caer no aburrimento, se non sabemos que uso darlle, na súa web temos algunhas aplicacións para poder ir comezando: SpheroCam, SpheroGolf, SpheroDrive, etc. No seguinte vídeo podemos ver algunhas das posibilidades que nos dá este tipo de xogo:
Tal e como se nos amosa, o seu control é bastante sinxelo, a bola pódese mover tanto empregando os sensores do terminal ou debuxando a traxectoria na pantalla. Agora as posibilidades que nos dá Sphero xa van a cargo da nosa inventiva.
Segundo a súa web, Sphero comezará a enviarse en decembro e, aínda que non está dispoñible, pódese ir reservando nesta ligazón.
Enlaces:

Sobre o autor

Reply