Os LG Optimus 3D comezan a recibir Gingerbread de xeito oficial

Cando tanto se está a falar de Ice Cream Sandwich é bo lembrar que aínda quedan terminais de alta gama sen actualizar á versión anterior, Gingerbread, entre eles unha das estrelas do pasado Mobile World Congress, o LG Optimus 3D.
Xa no momento da súa saída sorprendeu que viñese con Froyo, porque xa levaba algún tempo Gingerbread liberado e presente na meirande parte dos supersmartphones que aló se presentaron. Pois despois de case un ano de espera, a compañía anuncia que desde hoxe está dispoñibel a actualización, que non só mellorará a eficiencia do terminal en canto a potencia senón que tamén dispón de melloras en canto a novas opcións multimedia e máis 3D.
A actualización trae consigo unha mellora na xestión de datos, que permitirá máis velocidade de conexión, un novo editor de vídeo 3D, para crear e editar vídeos desde o propio móbil así como tamén unha interfaz de usuario máis limpa, con máis espazo para disfrutar do contido.
Ademais, tamén se poderá convertir calquera xogo 2D baseado no estándar OpenGL a 3D de xeito sinxelo, pois esta é unha aposta firme de LG, no que a compañía vai un paso por diante dos seus competidores.
Esta actualización está dispoñíbel desde xa para os terminais libres, mentres que os mercados a través de Vodafone recibiranna aproximadamente dentro dun mes.

Sobre o autor

Reply