HTC Quattro: a nova tablet de HTC de catro núcleos

Os últimos meses do ano tenden a ser de moita actividade, xa que nada máis pasar as festas do Nadal chegan o CES de Las Vegas e o  Mobile World Congress de Barcelona, as principais feiras nas que se presentan o que vai dar de si o ano que vén.
Neste sentido, estase a falar moito dos catro núcleos e parece ser que HTC vai dar que falar coa súa nova tablet da que xa se filtraron algúns detalles, o máis importante que contará con Nvidia Tegra 3 e os seus catro núcleos.
O nome co que está a traballar é HTC Quattro, aínda que non quere dicir que este sexa definitivo, xa que aínda é algo cedo para concretalo, como tamén as súas especificacións finais, que poden variar. Malia todo, estaríamos a falar dun dispositivo de 10,1 polgadas e resolución 1280×800 píxeles, 1 GB de RAM, 16 GB de memoria interna que poderán ser ampliábeis con tarxetas microSD.
Disporía de 2 cámaras, a traseira de 2 MP con gravación en HD 1080, e outra frontal da que nada se sabe. Moi probalbemente incluiría Beats Audio, do que xa temos falado algunha vez no blogue, sistema que mellora notabelmente a calidade da música que escoitamos.
En canto ás súas dimensións dise que podería rondar os 9 mm de grosor. Seguramente xa conte con Ice Cream Sandwich desde o momento de saída.

Sobre o autor

Reply