Aterra no Android Market DicionarioGalego

Se hai uns días falamos de ConxuGalego, a aplicación para conxugar os tempos verbais na nosa lingua, agora é a quenda de DicionarioGalego, unha ferramenta que, como o seu nome indica, é un dicionario de galego.
Ao igual ca ConxuGalego, DicionarioGalego caracterízase por unha interface moi sinxela: un pequeno recadro no que introducir o termo a buscar e un botón de busca. Ademais, unha vez aberta a definición poderemos compartila a través de correo electrónico ou das principais redes sociais.
A aplicación ten un pequeno “pero”, e é que traballa coa edición de 1997 do Dicionario da Real Academia Galega, aínda que segundo comentan os desarrolladores están a traballar para introducir a versión do 2003, a última dispoñíbel. Deste xeito, atopámonos con que certas palabras como “servizo”, ou as terminacións en -bel (posíbel) danse como “non existentes”.
Malia ese pequeno matiz, resulta ser unha ferramenta bastante útil para o día a día das e dos usuarios do galego. Podedes descargar a aplicación de xeito gratuito desde o Android Market par atodos os dispostivos 2.0 e superior.

4 Comentarios

  1. Anonymous 27 Novembro, 2011 Responder
  2. Anonymous 29 Novembro, 2011 Responder
  3. ConxuGalego 29 Novembro, 2011 Responder

Deixa un Comentario