O Xperia Arc S chega ao catálogo de móbiles de R

Non cabe dúbida de que R está a apostar forte por Android, pois nas últimas semanas vén de incorporar varios terminais ao seu catálogo, o último deles o que chega hoxe: o Sony Ericsson Xperia Arc S.
O Xperia Arc S é un terminal de coidado deseño cunhas dimensións de 125 x 63 x 8,7 mm e tan só 117 gramos de peso. A súa pantalla é de 4,2 polgadas e 854 x 480 píxeles.
A súa memoria interna é de 1 GB, contando ademais con 512 MB de RAM. Dispón de ranura para unha microSD de até 32 GB.
En canto á cámara, esta é de 8,1 MP, contando ademais con diferentes funcionalidades, como a posibilidade de sacar panorámicas ou fotos en 3D simulado (estas últimas só as poderemos ver nunha pantalla 3D compatíbel.
Vén equipado con Android 2.3, mais está na axenda de actualizacións a Ice Cream Sandwich de Sony Ericsson.

Falando xa de prezos, pódese adquirir promocionalmente por 0€ para consumos de 29 €/mes (sen IVE) ou superior. Se contratamos unha tarifa de 9 ou 19 €/mes o prezo do terminal ascende até os 299 € ou 229 € respectivamente. Estes prezos son válidos tanto para altas por portabilidade como renovación de terminal.

Outra opción para adquirilo é dando de alta un número novo ou libre. Para número novo e consumo de 9€/mes quédanos en 329 €, mentres que libre sae en  469 €.

Máis info.

Sobre o autor

Reply