A Soy Tablet P chegará en breve a España e rondará os 600 €

Desde logo, a Sony Tablet P non deixa indiferente a ninguén. E non é para menos, porque as súas dúas pantallas de uso combinado sumadas a un deseño curioso, no que se poden pregar as pantallas quedando como un cilindro elíptico, chaman a atención de calquera.
Entre as súas características máis destacadas está un procesador NVIDIA Tegra 2 a 1 GHz, 4 GB de memoria interna ampliábel con tarxetas microSD de até 32 GB e 1 GB de RAM.
Dispón de dobre cámara, de 5 MP a traseira e calidade VGA a frontal. En canto a conectividade, conta de serie con espazo para tarxeta SIM, ademais dos tradicionais WiFi, Bluetooth, étc.
Poderase mercar en España nos próximos días por un prezo libre de arredor de 600 €.  Que vos parece este novo concepto de tablet? Innovador, cómodo, raro?

Sobre o autor

Reply