Tes un Xperia? Comeza a disfrutar de 50 GB na nube gratuítos con Box

Todos aqueles que teñades un terminal Sony Ericsson da gama Xperia estades de noraboa. E é que Box, un dos múltiples servizos de aloxamento de arquivos na nube vén de poñer en marcha esta nova oferta pola cal agasalla con 50 GB de almacenamento gratuíto aos posuidores dun destes terminais Android.
A promoción remata o 31 de decembro deste ano, e para activala simplemente é preciso que descarguedes a aplicación desde o Android Market e iniciedes sesión coa vosa conta.
O resto de usuarios tamén podedes disfrutar dos servizos de Box, aínda que neste caso a cantidade de espazo gratuíto é de 5 GB.

Sobre o autor

Reply