R pon á venda o Sony Ericsson Xperia Mini Pro desde 0 €

As e os amantes dos terminais compactos e con teclado físico seguro que coñecedes o Xperia Mini de Sony Ericsson. A súa evolución, o Xperia Mini Pro, chega agora ao catálogo da operadora galega R, que o pon á venda desde 0 €.
O Mini Pro é un terminal cunha pantalla de 3 polgadas TFT. As súas dimensións de 92 x 53 x 18 mm fanno ideal para gardar en calquera peto, mais se cadra o máis destacado del é que conta cun teclado qwerty completo, algo que piden moitos usuarios que se levan regular coas pantallas táctiles.
Dispón de cámara de 5 MP, 320 MB de memoria interna ampliábel mediante microSD até os 32 GB. O pack de venda xa inclúe unha tarxeta de 2 GB.
En canto a prezos, estará dispoñíbel a 0 € para consumos de 29 €/mes + IVE ou superior, 69 € para consumos de 19 €/mes + IVE ou superior e a 139 ou 169 € para consumos de 9 € / mes + IVE ou superir, dependendo neste último caso se é unha portabilidade ou non, respectivamente.

Sobre o autor

Reply