Facebook tamén actualiza a súa aplicación Android

Non hai nin media hora que anunciamos a actualización da aplicación de Google Plus cando nos chega a información do principal rival, Facebook.
A rede social Facebook vén de anunciar a través do seu blogue a dispoñibilidade dunha actualización que mellora sensibelmente a experiencia de usuario, algo que se viñamos reclamando os usuarios de Android desde hai moito tempo.
Mellórase pois a velocidade de carga xeral da aplicación, a carga e visualización de fotos e os comentarios nestas, así como tamén as mensaxes, que aparecen nunha renovada barra superior. O menú pásase a un lateral, onde teremos acceso ás novas, aos grupos, aos xogos e outras aplicacións.
A nós aínda non nos saíu a actualización no Market, pero é cuestión de minutos. Probade e se non a tedes instalada visitade o Market.

Sobre o autor

Reply