Google Plus actualízase con interesantes novidades na rede social e no servizo de mensaxería

Cada pouco tempo se nos actualiza Google Plus, a aplicación da rede social de Google. E é que desde a compañía do buscador teñen o empeño en conseguir a aplicación perfecta e pouco a pouco van engadindo funcionalidades que os usuarios lle van pedindo a través dos comentarios. Así é como se fai un bo produto, desde logo.
Nesta nova versión atoparémonos a busca mellorada, a posibilidade facer +1’s individuais a comentarios e fotos, a posibilidade de subir fotos en alta resolución ou  tamén saber se alguén está conectado ao comezar a escribir a través de Messenger, o servizo de mensaxería isntantánea.
Ademais pódese sacar directamente ligazóns ás publicacións, por se queremos compartir unha publicación específica e habilitouse o “instant upload” tamén para vídeos. 
Xenial, non? Se non tes marcadas actualizacións automáticas para esta aplicación, corre ao Market e actualízaa! E se non a tes instalada, podes facelo desde aquí.

Sobre o autor

Reply