As HTC Flyer están recibindo 3.2 vía OTA

Os posuidores dunha HTC Flyer están a recibir xa unha nova actualización para os seus dispositivos. Aínda non se trata de Ice Cream Sandwich, senón da última versión dispoñíbel de Honeycomb, a 3.2.
O método empregado por HTC para actualizar esta tablet é o habitual, mediante OTA. Os usuarios recibirán unha mensaxe nos seus terminais e poderán actualizar directamente. É recomendábel que este proceso se faga co dispositivo plenamente cargado, para evitar problemas de que o dispositivo quede sen batería no medio da instalación.

Sobre o autor

Reply