LePhone S2 Smartphone e ideaPad K2 e S2, os tres novos dispositivos de Lenovo

Lenovo non é, até o de agora, un fabricante moi coñecido neste mundo de Android. Sen embargo parece que este fabricante de produtos electrónicos quere chegar con forza ao mundo dos smartphones e presentou no CES, ademais de 2 televisións co sistema operativo de Google, un smartphone e 2 tablets, dispostas a competir neste mundo cada vez máis complicado.
LePhone S2 Smartphone
Este smartphone conta cunha pantalla de 3,8 polgadas e resolción 800 x 480 e procesador de dobre núcleo fabricado por Qualcomm a 1,4 GHz. Dispón de dobre cámara, a frontal de 8 MP e a traseira de 3, algo superior ao habitual para as frontais. A batería é de 1500 mAh.
Comercializaranse dúas versións, unha de 8 GB de memoria interna (con 512 MB de RAM) e unha de 16 GB e 1 GB de RAM. Vén equipado con Gingerbread (2.3) e unha interface personalizada polo fabricante.
O seu prezo na China estímase en arredor de 400 $, uns 314 € ao cambio.
Lenovo IdeaPad S2
A primeira das dúas tablets que presentou Lenovo é a IdeaPad S2, unha tablet que conta con procesador de dobre núcleo SnapDragon a 1,5 GHz, pantalla de 10 polgadas con retroilumninación e 1280 x 800, 1 GB de RAM e 64 de almacenaxe interna.
Vén con Ice Cream Sandwich e unha capa de personalización de Lenovo. Dispón de dobre cámara (5 e 1,3 MP para a traseira e frontal) e como complemento un dock que nos lembra ao do Asus Transformer, que lle otorga comodidade e batería extra.
Lenovo Idea Pad K2
A outra tablet ten tamén pantalla de 10 polgadas, aínda que neste caso de maior resolución (1920 x 1200). O seu procesador é un Tegra 3 de Quadcore e tamén vén con Ice Cream Sandwich de fábrica.
Sobre os prezos e dispoñibilidades de ambas tablets non adiantaron nada, así que seguramente tocará agardar á primavera para volver saber deles.

About The Author

Reply