Polaroid SC1360. Android chega tamén ás cámaras de fotos

Sabíamos que os nosos smartphones teñen cada vez mellor cámara e por iso seguramente o novo trebello de Polaroid presentado no CES podería pasar inadvertido enriba dunha mesa xunto smartphones de última xeración. E é que este fabricante decidiu que a súa nova cámara teña como sistema operativo Android.
Este aparello ten unha pantalla de 3,2 polgadas. A cámara é de 16 megapíxeles, cun zoom óptico de 3x e unha lente de 26-108 milímetros. As imaxes poderán gadarse na súa memoria interna (escasa, habitual nas cámaras) ou en tarxetas de memoria, xa que admite microSD de até 32 GB.
O mellor de todo é que as funcións non se limitan ás habituais dunha cámara, senón que conta con WiFi e moitas funcionalidades de Android (entre elas o Market), polo que poderemos compartir as nosas fotos dun xeito doado nas redes sociais, nos diferentes servizos de almacenamento na nube ou a través do correo electrónico.
Polo de agora non se sabe nada de posíbeis prezos ou datas de aparición no mercado. Que vos parece a vós a chegada deste dispositivo de Polaroid?

Sobre o autor

Reply