O Asus Padfone presentarase no Mobile World Congress

Cando se sabe que as empresas andan argallando algo, sábese – máis ou menos – cando as presentan. E a comezos de ano, os produtos relacionados con Android preséntanse ben no CES de Las Vegas, ben no MWC de Barcelona.
Parece pois que este é o caso do Asus Padfone, a nova aventura de Asus que combina tablet e smartphone nun dispositivo peculiar. Segundo comentan en Engadget, a data de presentación será o 27 de febreiro.

Sobre o autor

Reply