Segundo concurso de Mallando no Android (Fase 2)

Despois da primeira vén a segunda e final fase do segundo concurso de Mallando no Android, a Fase 2, pero antes quereredes saber que imos sortear…

Pois, como podedes ver na fotografía anterior, sorteamos 3 chaveiros de Mallando no Android, para que poñades as vosas chaves a bo recaudo e levedes outro pequeno androide no peto ou no bolso e que irán a parar a 3 seguidoras/es do blogue 🙂
Participar é moi sinxelo, pero pedímosvos que leades con atención todos e cada un dos pasos que debedes levar a cabo, porque todos son imprescindíbeis para participar. Así mesmo, debedes ler as regras/condicións que aparecen máis abaixo, posto que a participación no concurso leva implícito a aceptación das mesmas.
Pasos para participar:
1.- Ser seguidor/a de Mallando no Android en Twitter (@mallandroid) e/ou Google Plus. Se aínda non nos segues nalgunha desas redes podes facelo agora, non hai problema por iso.
2.- Pódese participar en Twitter, en Google Plus ou en ambas redes. Participar nunha das redes dá 1 participación, se se participa nas dúas, 2, que se sumarán ás que se teñan acadado na Fase 1.
3.- A participación nunha destas redes sociais implica o seguinte:
En Twitter: Débese poñer o seguinte tweet: En @mallandroid, o blogue galego de Android, están regalando chaveiros exclusivos! Participa ti tamén! http://ir.gl/2concursomallandroid
En Google Plus: débese facer unha publicación pública (xa sabedes, á hora de elixir con quen compartimos a publicación, escoller “Pública”) e poñer o seguinte: A xente de +Mallando no Android está a sortear 3 chaveiros exclusivos! Ti tamén podes participar e gañar un deles! Visita http://ir.gl/2concursomallandroid

4.- Moi importante: cubrir este formulario.
Regras/Condicións
  1. A elección é totalmente aleatoria.
  2. Poden participar contas persoais e tamén de empresa, asociacións étc, pero sempre e cando fosen creadas con anterioridade ao lanzamento da primeira fase deste concurso (9 de xaneiro) e teñan actividade (máis dunha publicación semanal).
  3. Cada participante recibirá 1 participación (se só elixe participar nunha rede social) ou 2 participacións (se fai o propio en ambas). Aquelas persoas que tiveran conseguido participacións extra ao participar na Fase 1, estas sumaranse ás obtidas (1 ou 2) pola participación nesta Fase 2. En calquera caso, cada participante só poderá levar un premio.
  4. O concurso remata o domingo 22 de xaneiro ás 23.59 horas.
  5. O luns 23 de xaneiro á mañá publicarase a listaxe de participantes, co número de participacións asociados a cada participante. Haberá de prazo até as 17 horas dese mesmo luns para enviar reclamacións á listaxe, por se fose necesario corrixir algún erro. Se non avisamos de ningunha corrección entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
  6. A ou o primeiro gañador do concurso elixirase aplicando a operación matemática módulo:  “número do sorteo da ONCE do luns 23 de xaneiro” MOD “número de participantes”. O/a segundo/a gañador/a será o seguinte participante na listaxe e o mesmo co/a terceiro/a. De caer cara o final da lista, “o seguinte” será “o primeiro”.
  7. Despois de coñecer os resultados, contactarase por correo electrónico cos premiados. No caso de non ter resposta nun prazo dunha semana, aplicarase o procedemento descrito no punto 6 para nomear un/ha novo/a agraciado/a.
  8. O envío dos agasallos correrá a cargo de Mallando no Android, agás para territorios alleos ao Estado Español.
  9. Calquera incumprimento das normas implicará a expulsión do concurso.
Con todo clariño, desexámosvos moita sorte e acordádevos de difundir! 

Sobre o autor

Reply