Buyutsu: batallas de robots online no teu Android

Quen non soñou nunca con ter un robot baixo as súas ordes? Pois se es dos que, ao igual ca nós, si soñaba con poder controlar un, esta é a túa oportunidade.
Buyutsu é un xogo desarrollado por dous galegos que permite personalizar un robot cun sen fin de opcións. Unha vez teñamos seleccionadas as caracterísiticas que terá o noso robot pasaremos a combater con outros.

Ao rematar a pelexa obteremos puntos de experiencia que so poderán mudar por habilidades para facer que o noso robot sexa máis forte. Estas habilitades tamén as poderemos mercar

Todos os logros que vaiamos conseguindo no xogo poderémolos compartir directamente nas nosas redes sociais.
No seguinte víde podedes ver a xogabilidade de Buyutsu:

Buyutsu está dispoñíbel no Android Market, e gratúíto, e pódese instalar en calquera Android desde a versión 1.6.

Sobre o autor

Reply