R lanza novo terminal Android , o Huawei U8650

A galega R vén de incorporar un novo terminal Android ao seu catálogo, o Huawei U8650, un dispositivo económico que vén con Android 2.3.3 (Gingerbread).
Dispón dun procesador fabricado por Qualcomm, o MSM7227, a 600 MHz. 512 MB de RAM, 512 MB de memoria interno (ampliábel con tarxetas microSD de até 32 GB), pantalla de 3,5 polgadas e cámara de 3,2 megapíxeles. A súa batería é de 1400 mAh
En canto a prezos, pódese adquirir desde 0 € para renovacións e portabilidades desde contrato para consumos de 9 €/mes (+IVE), por 59 € para números novos e libre por 159 €.

Sobre o autor

Reply