Vodafone lanza en exclusiva o Samsung Galaxy Y, un terminal orientado a cartón prepago

Vodafone vén de anunciar o lanzamento do novo Samsung Galaxy Y, un terminal pensado para un público novo que se quere iniciar no mundo dos smartphones sen gastar moitos cartos.
O Galaxy Y dispón de pantalla de 3 polgadas, un procesador de 830 MHz, 160 MB de memoria interna (ampliábeis por microSD de até 32 GB) e unha cámara de 2 megapíxeles. Vén con Android 2.3.5 (Gingerbread).
En canto a prezos, o Galaxy Y queda en 99 €, incluíndo 9 € de saldo gratuíto e a tarifa Internet&SMS Gatítos (60 MB gratis por cada 10 € de recarga). Quen prefira a opción de contrato pode adquirilo por 0 € coa tarifa @XS (150 MB + 150 minutos por 20 €/mes). Estará dispoñíbel desde a semana que vén.

Sobre o autor

Reply