Hoxe ábrese o perído de reserva para as tablets Motorola XYBoard

Motorola vén de anunciar que hoxe ábrese a reserva en Estados Unidos (en Europa temos que agardar uns días) das súas tablets XYBoard, dispositivos de 8,2 e 10,1 polgadas que, en principio, verán a luz con Honeycomb (3.2), pero que por suposto serán actualizábeis a Ice Cream Sandwich (de feito é posíbel que á hora de poñerse en venda en Europa xa veñan con esta versión.
En total trátase de 4 modelos, dous de 8,2 polgadas e dous de 10,1, cuxa diferenza entre dispositivos do mesmo tamaño é a capacidade, xa que haberá versións de 16 e 32 GB. Todas dispoñen de conectividade WiFi e, ademais, nas tablets de 10,1, tamén 3G.
Nas especificacións publicadas na web de Motorola apenas aparecen especificacións técnicas, máis aló das esperábeis. Entre elas, dicir que teñen dobre cámara, traseira de 5 e frontal de 1,6 megapíxeles.
A versión de 10,1 polgadas pesa 603 gramos e ten unha batería con 7000 mAh de capacidade, mentres que a de 8,2 pesa 390 gramos e dispón de batería de 3960 mAh.
En canto a prezos, 399,99 $ a de 8,9 polgadas e 16 GB, 499,99 $ a de 8,9 polgadas e 32 GB e a de 10,1 polgadas e 16 GB e, finalmente, 599,99 $ a de 10,1 polgadas e 32 GB, que veñen a ser uns 314, 393 e 471 € respectivamente.

Sobre o autor

Reply