Speed Car, un xogo sinxelo e gratuíto de carreiras de coches

Cada vez existen xogos máis potentes para os nosos androides e aínda que está a ser un mercado en auxe, o certo é que o crecemento non é tan espectacular como puidera debido a temas como a curta duración das baterías dos terminais, que se fai aínda máis curta se andamos a xogar con eles.
Dentro do escenario dos videoxogos para móbiles existe unha categoría que triunfa sobre as demais: son eses xogos sinxelos, que non teñen moita ciencia pero que enganchan, como é o caso de Speed Car.
En Speed Car, estaremos “ao volante” dun Lamborghini que se porá rapidamente a 120 km/h (só?). Feito iso, deberemos ir esquivando o tráfico que vai aparecendo pola estrada. Sinxelo, non? De seguro que hai anos tiñades un xogo así na vosa consola.
Speed Car está dispoñíbel no Android Market de xeito gratuíto para todos os dispositivos Android 2.1 e superior.

Sobre o autor

Reply