Bus Vigo: Vitrasa lanza a aplicación oficial para moverse pola Cidade Olívica

Vitrasa vén de poñer no Android Market a súa aplicación oficial de transporte da cidade de Vigo, unha ferramenta que viña sendo moi demandada polos usuarios do servizo.
Entre as opcións que permite levar a cabo esta aplicación están a de calcular unha ruta indicando a orixe e destino (de xeito semellante á aplicación de cálculo de rutas que ten a compañía na súa web), ou buscar paradas próximas (á nosa situación ou a unha que escollamos) para amosarnos un panel virtual coa información dos buses que van pasar e o tempo estimado de espera.
Esta aplicación é gratuíta e funciona en calquera dispositivo Android con versións 1.5 en adiante. Pódese descargar desde o Android Market.
Nota: Descubrimos esta aplicación grazas a un comentario Anónimo nesta outra entrada.

Sobre o autor

3 Comments

  1. Fon 20 Xaneiro, 2012 Responder
  2. Iago Varela Martínez 20 Xaneiro, 2012 Responder
  3. Roberto 25 Xaneiro, 2012 Responder

Reply