Domingo de resaca? Antes de saír a próxima vez, instala GarrafON

Dor de cabeza, sequedade na boca… son os síntomas propios da resaca de domingo (ou calquera día despois de saír de carallada). Pero non sempre é culpa nosa (¿?), e ás veces o alcol que serven nos locais non e o que di a botella e ten parte da culpa. Falamos do garrafón de toda a vida.
Saber en que locais venden garrafón non é doado e require coñecemento e gusto/olfato, sentido que se vai perdendo segundo avanza a noite. Uns din que en tal sitio é garrafón seguro, outros discrepan… vamos, que a discusión pode ser eterna. 
GarrafON é unha nova aplicación que nace con vontade colaborativa. Trátase dunha especie de rede social na que aparecen os locais que temos próximos (podemos buscalos se non aparecen directamente ou dalos de alta) e tras seleccionalo indicamos a bebida consumida, podendo dicir o que nos custou a copa e se cremos ou non que é garrafón. Con isto axudaremos a outras persoas e vendo o que din os demais, seremos precavidos.
GarrafON é unha aplicación gratuíta, e que está dispoñíbel no Android Market para todas as versións de Android posteriores á 2.1

Sobre o autor

Reply