Mide a túa velocidade de conexión con Test de Velocidad

Seguramente en máis dunha ocasión pensáchedes en medir a vosa velocidade de conexión desde o voso terminal Android. Unha boa opción para facelo é Test de Velocidad, a aplicación do grupo ADSLZone, que dispón dunha das ferramentas de medición da velocidade de conexión máis e mellor valorada.
A aplicación non ten moito que contar, simplemente mide a nosa velocidade de suba e de baixada, coa posibilidade de gardar un histórico de medidas e compartir os resultados a través de Twitter. Serve tanto para medir a conexión móbil como a de WiFi e permite a posibilidade de gardar os resultados de velocidade con xeoposición, para elaborar un mapa de velocidades de varios usuarios.
Test de Velocidad funciona en calquera androide, é gratuíta e podedes atopala no Android Market.

Sobre o autor

Reply