LG Cx2, o digno sucesor do Optimus 3D

Co Mobile World Congress á volta da esquina as filtracións de terminais vai ser algo case diario no mes que temos por diante, e onte puidemos descubrir o LG Cx2, a evolución do Optimus 3D, que mellora varias da súas prestacións e adelgaza. 
Segundo as fontes que filtran a nova, trataríase dun terminal de 4,3 polgadas, procesador de 1,2 GHz, dobre cámara de 5 MP (necesarias para conseguir o efecto 3D), ademais dunha cámara frontal, memoria de ¿16 GB? ampliábeis por microSD. Todo iso en 10 mm de espesor e correndo Android Ice Cream Sandwich.
A priori parece que as características non son moi revolucionarias, senón as esperábeis da evolución tecnolóxica do ano que pasou desde o lanzamento do anterior, mais debemos ser cautos e agardar a informacións máis completas que irán aparecendo.
Que vos parece a vós?

Sobre o autor

Reply