Os obradoiros de artesanía de Galiza, no teu Android


Obradoiros Abertos é unha aplicación desarrollada pola Asociación Galega de Artesáns que pretende axudar a descubrir os talleres artesáns visitábeis de Galiza.
A aplicación, usando o posicionamento xeográfico, infórmanos dos talleres que temos máis preto, ofrecéndonos información sobre os mesmos, como teléfono ou correo de contacto, a ubicación e o tipo de artesanía á que se adica. Tamén permite que, unha vez elixido o taller que queremos visitar, a aplicación trace a ruta e nos guíe até a dirección en cuestión, facendo uso do GPS.
Obradoiros Abertos é unha aplicación gratuíta e que está dispoñíbel no Android Market para todas as versións de Android.

Sobre o autor

No Responses

Reply