Os usuarios de Android somos os primeiros en levar á cama ás nosas citas. Love is in the air ♥♥♥♥♥

Poñédevos en situación: quedades con esa persoa que vos gusta, é a vosa primeira cita. Si, poñédesvos todos/as guapos/as, e antes de saír da casa colledes o voso smartphone Android como se fórades a calquera outro sitio… MAL!
Seica o smartphone que teñamos é moi importante. A lo menos é o que se desprende dun estudo realizado polo portal Match.com en Canadá. Si, xa sabemos que Canadá queda moi lonxe, pero nós somos así de guais e extrapolamos os resultados a territorio galego.
Para o caso, segundo ese estudo, os/as usuarios/as de smartphones Android temos máis probabilidades de levar ás nosas citas á cama na primeira cita. Así, o 67% dos enquisados afirman que a cousa foi ben no primeiro encontro, cifra que se baixa até o 57% no caso dos usuarios de iPhone e a un 48% para os de BlackBerry.
Iso si, no mesmo estudo recóllese tamén que no 55% dos casos triunfais non se repite, e que o 72% dos usuarios de smartphones do robotiño verde empregaron nalgún momento os servizos dalgún portal de citas.
E vós que? Credes que son certas as afirmacións de dito estudo? Xa vemos a máis de un/ha poñendo ben visíbel o seu Android riba da mesa na súa próxima cita, non vaia ser o demo… Para que logo digan que o tamaño do smartphone non importa.

Sobre o autor

Reply