Exclusividade Android: un smartphone rematado en madeira

Á vez que Android vai collendo máis e máis mercado as posibilidades multiplícanse expoñencialmente, tanto no que ten a ver con características técnicas como tamén nas peculiaridades e puntos fortes dos terminais. Mais ultimamente estamos a ver como esa distinción vai máis aló da parte máis técnica e chega a deseños ao alcance de moi poucos petos.
Un deles é o que vos traemos hoxe, o Bamboo ADZero, un terminal que dispón de carcase feita con madeira de bambú, resultado do traballo dun estudante da University of Middlesex que conseguiu que un produtor chinés se interesase polo seu traballo para poder levar adiante o proxecto e comercializado no mercado da China, onde se agarda que esté dispoñíbel ao longo do ano.
Non se sabe que características hardware agocha no seu interior, nin tampouco os prezos que acadará no mercado, pero de seguro que barato non ha de ser e que máis de un adiñeirado anda xa facendo números para facerse cun deles.

Sobre o autor

Reply