Os usuarios de Android somos os que máis usamos o smartphone… no baño

Os libros e revistas en papel están perdendo espazo en todos os ámbitos e, como non, tamén como compañeiros das visitas ao baño. A ninguén lle imos descubrir hoxe aquí que smartphones e tablets cubren en certa medida ese espazo deixado polo papel (como soporte de letras, non o outro papel dos baños), pero o que quizais non sabíades é que Android leva a palma.
Segundo un estudo estadounidense (onde se non teñen tempo a facer estas cousas), os usuarios de Android levan o seu smartphone ou tablet o 87% das veces que van ao baño, cifra que se reduce até o 75% no caso dos usuarios de Blackberry ou 60% nos de iPhone

Sentídesvos identificadas/os?

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. Anonymous 5 Febreiro, 2012 Responder

Reply