Por fin seguridade no Android Market

Xa é unha realidade: Google comezou a analizar as aplicacións antes de facelas públicas no Market para intentar evitar, na medida do posible, a aparición de aplicacións fraudulentas. Trátase dunha das medidas que máis levaban reclamabando os usuarios nos últimos tempos, un filtro antes da chegada ao mercado oficial.
O software que se encargará do proceso chámase Bouncer. Este sistema é capaz de, dunha forma automática, analizar e detectar malware nas aplicacións que pretenden ser publicadas na tenda virtual de Google. Ademáis deso, analizará as contas dos novos usuarios de forma que aqueles aos que se lle fose eliminada a súa conta non se podan volver a rexistrar. Por suposto, todo o proceso é transparente ao usuario. 
Deixámosvos coa información da propia compañía californiana onde se fala tamén da disminución das aplicacións maliciosas nun 40% entre o primeiro e o segundo semestre do 2011 e dos sistemas que posúe Android para que o malware sexa o menos perxudicial posible
Imaxe Malware Database

Sobre o autor

Reply