A Acer Iconia Tab A200 recibindo Ice Cream Sandwich

Unha das tablets (até o de agora) Honeycomb de Acer xa está a ser actualizada a Ice Cream Sandwich, concretamente á versión 4.0.3.
A actualización estase a distribuír mediante OTA. Se tedes este modelo de tablet e non vos apareceu, podedes forzar a comprobación para ver se está dispoñíbel en Axustes -> Acerca da Tablet -> Actualización de sistema. Se non, haberá que esperar pacientemente que chegue 🙂

Sobre o autor

Reply