Fai panorámicas cun Galaxy S sen necesidade de ser root

Vista de Viena
O Galaxy S, a secas, da coreana Samsung semella que vai ser un dos principais afectados ao non poder actualizarse á nova versión de Android, a 4.0. Pese a ser un dos terminais máis vendidos no seu momento con millóns de terminais na rúa Samsung non parece estar disposta a deixar de lado a súa personalización para abrirlle paso a Ice Cream Sandwich, ou polo menos iso é o que parece se facemos caso dos rumores que circulan pola rede.
Pero o certo é que este terminal, pese a contar xa con case dous anos nas súas costas, conta con certos privilexios que moitos móbiles coñecerán coa tan ansiada actualización, un deles é a posibilidade de facer capturas de pantalla, cousa da que xa vos falamos por aquí, e outro é o de poder facer panorámicas dunha forma moi sinxela.

Para facer unha panorámica co noso Galaxy S tan só temos que acceder á cámara, premer no botón de modo de disparo, como se vos mostra na imaxe, e seleccionar o modo panorámica.

Unha vez que fagamos isto veremos como a pantalla se torna da seguinte forma. Unha vez que tomedes a primeira instantánea tedes que mover o móbil de forma lateral de tal forma que o cadro vermello que aparece se axuste á pantalla, cando fagades isto veredes como a cámara toma automaticamente unha instantánea ate completar as 8 necesarias.

Tede que ter en conta que o teléfono para poder procesar todas estas imaxes baixa de forma automática a resolución da cámara a 0,3 megapíxeles por captura, aínda así podedes obter bos resultados, déixovos con outro exemplo, podedes amplialos premendo sobre eles.

Lago nevado en Odense, Dinamarca

Sobre o autor

Reply