RTVE aposta polas tablets cunha aplicación específica

Hai xa bastante tempo falamos da aplicación oficial de RTVE para Android, unha ferramenta pensada para empregar no noso smartphone e que nas tablets con pantalla grande ofrecían unha experiencia que non era nin de lonxe a que debera ter.
Por iso veñen de desenvolver unha aplicación específica para as tablets, que permite acceder ás emisións en directo de La 1, La 2, Teledeporte e 24 horas.
Pero ademais, a aplicación permite acceder aos contidos de RTVE A La Carta, no que se inclúen capítulos de series, audios completos de Radio Nacional, documentais e moito máis contido multimedia. Tamén destaca a inclusión da actualidade ao estilo do web de RTVE, coas novas subdivididas en seccións Internacional, Nacional, Deportes, Economía, Cultura e Ciencia e Tecnoloxía.
A aplicación é gratuíta, Android 2.2 en adiante e está dospoñíbel no Android Market.

Sobre o autor

Reply