A túa tarifa plana baixo control grazas a DroidStats

Seguramente moitas e moitos de vós tedes contratada unha tarifa plana na vosa liña de móbil, que inclúe chamadas, sms e un número “X” de megas de datos. Levar a conta do consumido non sempre é doado e por iso achegámosvos esta aplicación que vos facilitará as cousas: DroidStats.
Trátase dunha ferramenta de uso doado e que nos permite configurar a cantidade de minutos, sms e datos incluídos no noso plan contratado para ir vendo a evolución do que levamos gastado. Dispón ademais de 3 widgets de diferentes tamaños que podemos colocar no escritorio para ver a evolución dun xeito moito máis rápido.
DroidStats é unha aplicación gratuíta, compatíbel con todas as versións dispoñíbeis de Android e que podemos atopar no Android Market.

Sobre o autor

Reply