NEC levará ao #mwc12 3 novos dispositivos Android

NEC non é un un fabricante do que falemos moito por estes lares, posto que até o de agora non amosou demasiado interese por Android. Mais semella que ao ver o ben que está indo a plataforma móbil de Google quere facerse con parte do pastel.
Deste xeito, todo apunta a que durante o Mobile World Congress presentará 3 novos terminais dotados de Ice Cream Sandwich, a versión máis recente de Android.
Pouca información máis hai sobre o tema, pero por sorte temos o evento do ano a poucos días. Lembrade que poderedes seguir as nosas andainas polo MWC a través do blogue e de Twitter.

About The Author

Reply